Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

“VII Festa das Palabras”, este ano tamén

A COVID-19 fixo que a VII Festa das Palabras tivese que agardar. E agardou. Non foi en xuño, a súa data habitual, senón case entrando no inverno cando as palabras escollidas para a ocasión, cabelo e amigo,  reapareceron relocentes, coma se levasen traxe novo, desde as páxinas do libro presentado do VII Concurso de Microrrelatos e Micropoemas. A publicación, ademais de recoller os micropoemas e microrrelatos premiados, inclúe tamén catorce ilustracións de nenos de Infantil, un prólogo do escritor Xosé A. Neira Cruz e a tradicional portada alusiva da deseñadora estradense Rosa de Cabanas.

                   Sheila Pereiras Perol, de 4º da ESO, representou os gañadores/-as do noso centro

O acto non puido ser doutra forma pero o importante é que foi, que tivo o seu momento e o seu lugar: o pasado martes, 15 de decembro, no Teatro Principal. Faltou a música, faltou a presenza física do padriño, Xosé Neira Cruz, do alumnado foi só unha representación, un gañador ou gañadora por centro, igual ca os profes, e sentiuse a ausencia coma poucas veces iso acontece nun teatro, mais a alma da Festa das Palabras, da lingua, asomou por entre as follas dos libros para aplaudirnos e darnos azos a todos os presentes, a toda a comunidade educativa. ¡Tanto poden as palabras!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies