Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Volveu a Festa da Poesía

A pandemia silenciou, como leva acontecido con tantas outras celebracións,  a Festa da Poesía pero neste curso a lembranza da poeta Avelina Valladares e  os versos puideron retornar ao noso Teatro Principal. O pasado venres, 3 de decembro, recordamos a escritora de Berres coa entrega do XXV Premio de Poesía “Avelina Valladares” ao galardoado deste ano, o poeta noiés  Manuel López Rodríguez, que gañou co seu poemario Para que non me esqueza. E tratándose de festa poética non podía faltar o tradicional recital que seguiu  ao momento da entrega. Entre os versos dos centros escolares e de representantes do sector sanitario estiveron os das nosas alumnas: Sara, Blanca e Carmen, de 2º ESO, que lle puxeron voz ao poema de Aquilino Iglesias Alvariño, “Nunha cea de amigos”, unha magnífica representación nun acto que se abriu e pechou coas cancións da Banda da Loba.

Outra vez, por fin, músicas, poetas, recitadoras, xuntas no Teatro Principal da Estrada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies