Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

A ESTRADA: QUE BONITA É!

Un dos proxectos interdisciplinarios que desenvolvemos en E. Primaria ao longo deste curso 2024/25 titulouse “Redescubrir A Estrada. Paisaxe, urbanismo e patrimonio”, e foi deseñado polo profesorado do centro no marco do programa educativo ProxectoTERRA, pertencente ao Plan Proxecta+.

Aproximámonos á Estrada urbana e rural partindo do máis próximo: o patio do centro de Educación Infantil e Primaria, situado na vila da Estrada, e as instalacións deportivas do colexio, que están en Matalobos. Durante o curso fixemos varias veces o camiño entrambos por diferentes rutas (nas festas do Magosto, Maios e Letras Galegas e Festa do último día de clase), para traballar diversos aspectos do entorno, ademais de desfrutar da natureza. Tamén redescubrimos a vila coa actividade “A vila da Estrada” (5º e 6º EP) e coñecemos dúas parroquias rurais na excursión a Sabucedo e Codeseda (1º e 2º EP).

Estas saídas foron seguidas dunha posta en común de experiencias:

Ademais destas actividades, durante o 3º trimestre tamén fixemos outras que permitiron completar as múltiples olladas á Estrada:

O alumnado de 6º EP pintou o lugar máis próximo no que xoga todo o alumnado: o patio do colexio.

Nas clases de Educación Física o alumnado de 1º e 2º fixo actividades de orientación.

Nas clases de Inglés e Social Science traballouse cos mapas da Estrada proporcionados polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada.

Por último, aínda que queda moita Estrada por descubrir ou redescubrir, chegou o momento de elaborar os produtos finais.

Debuxamos un mapa da Estrada coas súas 51 parroquias… 51!

E cos seus nomes decoramos a entrada do colexio.

Fixemos unhas postais recomendando os nosos lugares favoritos para visitar na Estrada. Con elas creamos un gran mural: cantas propostas de lecer!

Deseguida, xuntamos algunhas das creacións no patio e buscamos, lemos, comentamos…

Despois de darlle todas estas voltas á Estrada, chegamos a unha conclusión:

A ESTRADA: QUE BONITA É!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies