Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

ACTO DE GRADUACIÓN DE 4º ESO, 2024-2025

O venres 20 de xuño foi unha xornada moi especial para o alumnado de 4º ESO, foi a súa graduación. Un acto sempre ateigado de emocións, lembranzas e moita ilusión polo novo camiño que se abre en nada.
O Salón de actos do noso centro xuntou os familiares, o profesorado e os protagonistas do día, flamantes graduados que,  entre nervios e sensacións encontradas, compartiron un momento único.
A cerimonia comezou co discurso pronunciado en nome dos rapaces e rapazas de 4º, a este seguiulle o das familias e, finalmente, o do profesorado, e en todos eles as palabras fixeron repaso polo camiño andado e subliñaron o crecemento vivido durante estes anos compartidos. Como pasou o tempo!
Non faltaron as fotos para gardar cada instante, nin a entrega dos diplomas, con cada graduado recollendo cadanseu título honorífico mentres recibía os aplausos de toda a comunidade educativa.
E para rematar gozamos duns saborosos aperitivos no comedor do centro, un intre distendido para falar do futuro, compartir ansias e máis lembranzas e despedirse con agarimo.

Graduados e graduadas, en hora boa!!! E moita sorte!!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies