Cantamos pola PAZ!
O 30 de xaneiro, con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xuntámonos no patio para cantar coa nosa rondalla unha selección de cancións con mensaxes de paz. Ademais, nas aulas fixéronse diferentes obradoiros e actividades para destacar a importancia da cultura da paz e alentar a que esta mensaxe se manteña presente todos os días do ano.












