Charla de AGADEA
O 12 de decembro o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou no colexio nunha charla con profesionais e persoas usuarias da asociación AGADEA. Durante esta visita tamén se presentou o libro gañador do III Premio Simbad de Literatura para o Recordo e o Alzhéimer 2024, O Nobelo de Nenuca, de Irene Alonso Gasalla e Ángela Curro.
Máis información sobre AGADEA: https://agadea.org/

