Campañas solidarias de decembro
Como vén sendo habitual, no mes de decembro participamos en varias campañas solidarias:
- Colaboramos con CÁRITAS recollendo alimentos non perecedoiros a través da “Operación quilo”.
- Fixemos unha recollida de xoguetes en colaboración con AGADEA.
- Colaboramos coa FUNDACIÓN ANDREA elaborando unha bóla de Nadal que estivo exposta na recepción “Papá Noel Solidario” celebrada na Estrada o 14 de decembro.
Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!
Cáritas A Estrada http://www.caritas.aestrada.gal/
Agadea https://www.agadea.org/
Fundación Andrea https://www.fundacionandrea.info/


