Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Charla sobre “Fakenews” de César Rodríguez, xornalista de La Voz de Galicia

O mércores, 4 de xuño, estivo no noso centro o xornalista de La Voz de Galicia, César Rodríguez quen durante case unha hora nos falou, e alertou, dos principais bulos e contos que circulan polas redes. Na charla, César amosou noticias falsas —cada semana saen ducias de exemplos— cun repaso á historia dos bulos e das manipulacións, algo que sempre houbo mais nunca coa incidencia de hoxe.

Actividades como a que realizou hoxe o alumnado de 2º e 3º da ESO axudan a crear e facer cidadanía consciente pois axudan a reflexionar no que pensamos que é certo e no que non ao tempo que nos decatamos de que en toda a manipulación hai unhas claves ás que cómpre atender.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies