Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Charla sobre navegación segura en Internet, “Navega con rumbo”

O noso centro participa este ano no programa “Navega con rumbo”, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia para mentalizar o alumnado galego de cara ao uso responsable de Internet e das redes sociais.

No marco desta participación hoxe recibimos no colexio a visita de Óscar Vázquez, colaborador do citado programa, quen nos falou sobre a importancia da navegación segura en internet. Aprendemos a protexer os nosos datos, a recoñecer riscos nas redes sociais e a actuar con responsabilidade dixital e todo dunha forma moi amena e a partir de casos prácticos e moi realistas.  Unha sesión moi útil para navegar con seguridade e confianza no mundo dixital.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies