Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

XII Festa das Palabras: “era unha vez un pobo e unha pandeireta…”

O pasado 28 de maio, o Teatro Principal da Estrada encheuse un ano máis de palabras e creatividade desbordante coa celebración da XII Festa das Palabras, unha iniciativa de Dinamizastrada (colectivo de profesores e profesoras dos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de ensino da Estrada) que promove o uso da lingua galega a través da creación literaria do alumnado dos centros de ensino do concello.

Neste curso 2024-2025 os microrrelatos e micropoemas xiraron arredor de dous termos inspiradores, “pandeireta” e “pobo”, ese foi o motivo creativo para os textos do alumnado participante e de todos eses textos 62 autores/-as recibiron, coma vén sendo costume, o libro conmemorativo da presente edición e un caravel.

A escritora Susana Sánchez Aríns, madriña da XII edición, acompañounos coa súa presenza e coas súas palabras, ofrecendo unha intervención, a partir da lectura dun poema seu, chea de compromiso, lucidez e amor polo idioma. E como non,  non faltou a música, o grupo musical estradense O Regueiriño de Lamas puxo a parte musical para unhas Letras galegas, as deste ano, nas que música e palabras camiñan máis xuntas ca nunca.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies