CLASES SEN FUME
A finais do mes de xaneiro, o alumnado de 1ºESO,fixemos a entrega da primeira actividade do Programa-Concurso “Clases sen Fume” (Plan Proxecta, Consellería de Sanidade) e agora, finalizado o mes de abril, vimos de rematar a segunda, a actividade creativa. Foron semanas de moita dedicación e intensidade pero finalmente puidemos entregala no prazo previsto. A verdade e que gozamos moito o traballo en equipo e xurdiron ideas moi orixinais. Todo sexa por seguir a manter as nosas clases…sen fume.