Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Excursión a Santiago de Compostela, 1º e 2º EP

O 7 de maio foi un día moi especial para 1º e 2º de Primaria, xa que fomos de excursión a Santiago de Compostela.

Pola mañá visitamos o Parque de Vista Alegre e o Museo de Historia Natural da USC, onde puidemos ver a colección de insectos, os diferentes dioramas cos animais, a impresionante colección de minerais, os meteoritos, etc.

A mediodía fomos comer á Cidade da Cultura e pola tarde fixemos unha camiñada ata o Parque do Lago, onde nos agardaban algunhas sorpresas. Logo tocou emprender camiño costa arriba ata o Parque da Balea, no que nos divertimos xogando.

Pasámolo xenial!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies