Día dos Avós
Unha tarde de agradecemento e recoñecemento aos avós e avoas, cargada de emoción.
Os pequenos durante varias semanas prepararon murais, bailes, cancións e poesías para deleitar aos seus avós. E os avós facendo gala da súa inmensa xenerosidade leron contos, recitaron poemas, fixeron obras de teatro…
Para rematar a celebración todos xuntos degustaron biscoito.
Unha festa que sempre deixa bo sabor de boca tanto para os maiores como para os pequenos.
Unha relación especial.
Actuacións de 6º de EI e os seus avós.


Actuacións de 5º de EI e os seus avós.

Actuacións de 4º de EI e os seus avós.


















