Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

5º e 6º EP de excursión pola Coruña

O pasado 22 de maio o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria fixemos unha excursión á cidade da Coruña.

Visitamos o Castelo de San Antón, onde se atopa o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Alí vimos pezas moi interesantes da Prehistoria e Idade Antiga. Tamén demos un paseo pola Praza de María Pita e a Torre de Hércules, o único faro da época dos romanos aínda en funcionamento.

Pola tarde fomos ao Museo Científico e Tecnolóxico, onde fixemos unha actividade para diferenciar as mesturas das reaccións químicas. Pasámolo moi ben vendo diferentes inventos e máquinas do século XX.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies