Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Enrique Otero presentounos a Dorothé Schubarth

O 16 de maio tivemos unha sorpresa moi especial, enmarcada dentro das celebracións con motivo do Día das Letras Galegas. Enrique Otero Fernández, fundador e primeiro director do noso colexio, fixo para nós dúas charlas cheas de historia e emoción a fin de presentarnos a traxectoria e valiosas achegas á cultura galega dunha amiga súa: Dorothé Schubarth.

Dorothé Schubarth (1944-2023) foi unha musicóloga, compositora e profesora suíza que a finais dos anos 70 e comezos dos 80 percorreu Galicia para realizar recolleitas da nosa música tradicional, seguindo un rigoroso método de investigación. Posteriormente publicou xunto a Antón Santamarina o Cancionero Popular Galego, unha obra fundamental para o estudo, conservación e difusión do folclore musical de Galicia. Nel, ademais das partituras e letras de tantos cantos populares, aparecen tamén referencias a algunhas das cantareiras homenaxeadas este ano no Día das Letras Galegas.

Saber que Dorothé estivo con Enrique Otero e a súa familia no noso colexio e ver cartas, fotografías e outros obxectos, ademais dos volumes do Cancioneiro, provocounos unha grande emoción.

MOITAS GRAZAS, ENRIQUE, POR COMPARTIR CON NÓS ESTAS VIVENCIAS!

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies