Excursión 3º e 4º EP
Este 24 de Maio o alumnado de terceiro saíron a realizar varias actividades e visitas ao aire libre.
Empezaron coa visita ao Parque dos sentidos en Marín. Alí fixeron una pequena ruta onde puxeron os seus sentidos en activación, ademais de xogar e pasar un ratiño merendando xuntos.
Unha vez en Pontevedra visitaron o Museo Provincial de Pontevedra, onde se meteron na pel de detectives de arte. Ademais rastrexaron as 12 esculturas da Illa das Esculturas.
En definitiva, foi un día moi divertido e en grupo.



















