Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Excursión ao Parque Acuático de Cerceda

O mércores 17, o alumnado da ESO cumpriu cunha actividade que xa se está a converter nun auténtico rito de fin de curso: a visita ao Parque Acuático de Cerceda.

A xornada comezou cun fermoso paseo pola ribeira do río Cabancos, na contorna industrial do río Acevedo, no concello de Cerceda. Este fermoso percorrido permitiu gozar da natureza e mesmo prolongar a camiñada por un pequeno tramo da Senda Verde. Logo da andaina chegou o momento máis esperado: a entrada no parque acuático; durante case cinco horas, a diversión foi continua: piscinas, tobogáns e todo tipo de atraccións foron probadas unha e outra vez polo alumnado… e tamén polos profes. Houbo troula sen descanso, interrompida unicamente para repoñer forzas á hora do xantar e para probar algún xeado (tan merecido). Unha forma  refrescante e saudable de facer exercicio físico nun día de case verán.

Risas, compañeirismo e bo ambiente fixeron desta saída un magnífico anticipo das vacacións, que en nada xa chegan.

Benvido, verán, case case…!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies