Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

As fresas de Berres e O Pazo de Oca

Chegou o día de preparar a mochila e a viseira para ir de excursión. Con moita ilusión subimos ao autobús que nos levou, en primeiro lugar, ata o val do río Ulla en Berres, onde nos esperaba a familia de Laura para ensinarnos os invernadoiros de amorodos que cultivan na súa Horta Río Ulla Sat.

Raquel explicounos un pouquiño de como fan para plantar, coidar e tamén como se recollen. Puidemos practicar e de paso ir degustando esta rica froita.

Agasalláronnos cun botiño de marmelada feita pola avoa de Laura.

A seguinte parada foi o Pazo de Oca, o noso Versalles Galego. Un lugar fermoso que merece a pena visitar . Para nós foi como un parque temático de aventuras ao aire libre, coas súas aves acuáticas nadando ao redor dos barcos de pedra, o laberinto de setos, os túneles secretos, os cañóns, as pontes de pedra, as fontes, o paseo dos Tilos, a serpe de pedra, as camelias… e un montón de rincóns a descubrir.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies