Habilidades sociais fronte ás condutas aditivas
Durante o segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º da ESO participou nun novo obradoiro de habilidades sociais organizado en colaboración cos Servizos Sociais do Concello da Estrada e guiado por Isabel Sanmartín, técnica do Servicio de Prevención de Drogodependencias.
A o longo das distintas sesións, puidemos reflexionar sobre a importancia de tomar decisións responsables, aprender a relacionarnos mellor cos demais e fortalecer ferramentas persoais para previr condutas aditivas.
Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora da que aprendemos moito. Grazas por acompañarnos un ano máis!

