Lectura de poemas polo Día da Poesía no Teatro Principal
Como todos os anos o Concello da Estrada celebrou a Festa da Poesía e alumnado do noso centro, tanto de Educación Primaria como de Educación Secundaria, participou no recital que acostuma seguir á entrega do premio ao gañador do certame de poesía Avelina Valladares que nesta edición foi Víctor Cebey, coa obra Do A ao X.
A representación do noso centro por parte de Educación Primaria correu a cargo de Leila, Soraya, Laura, Martín e María, de 5º, e de Alejandra, Axel e Miguel, de 6º, que leron o poema Lingua guapa, de Fina Casalderrey. Por parte da ESO representáronnos Mateo, de 1º; Antón, de 3º ESO e Iara e Sofía, de 4º da ESO. Fixérono coa lectura de coplas do Cancioneiro de Cotobade, de Antón Fraguas.






