Coñecendo o mundo da Xustiza
O pasado mércores, 11 de decembro, o alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO volveu a participar no programa Educar en Xustiza, promovida polo Consello Xeral do Poder Xudicial e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
A actividade realizada, unha visita ao Xulgado do Penal núm. 2, de Santiago, valeu para coñecer in situ como é un xuízo. Da man do xuíz Luis Aláez puidemos coñecer detalles xurídicos dalgúns casos que no día da nosa visita se xulgaban e recibimos explicacións sobre conceptos básicos da xurisdición de menores como é o sistema de imposición de penas ou sobre os tipos de delitos que se tratan na Sala que visitamos.

Foi unha maneira diferente de aprender, cambiamos unha mañá de clases por unha visita ao Xulgado, e o resultado foi unha experiencia enriquecedora e ben interesante.

