Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

LETRAS GALEGAS 2026, Begoña Caamaño

Coma todos os anos celebramos a Semana das Letras, un tempo de recoñecemento e homenaxe á nosa lingua e á nosa literatura. Nesta ocasión, a figura protagonista foi a da escritora galega Begoña Caamaño, referente das letras galegas máis actuais e autora dunha obra comprometida coa cultura e cos valores da modernidade en moitas das súas vertentes (xénero, ecoloxismo, identidade, etc.).

Na ESO, durante toda a semana, realizamos distintas actividades arredor da súa figura; nas clases de lingua puxéronse vídeos para coñecer mellor a súa vida e a importancia (e vixencia) dos seus escritos mentres que a decoración do centro contribuíu tamén a crear un ambiente de achegamento á autora e á súa obra.

O xoves, 14 de maio, tivo lugar o acto conmemorativo das Letras Galegas. Nel fixemos lectura de fragmentos das súas novelas e entregáronse os premios dos concursos organizados para acompañar esta celebración (o V Concurso de Xeróglifos e o Kahoot sobre Begoña Caamaño). Ademais, proxectouse un vídeo sobre a participación do equipo de debate no concurso do Parlamento Xove deste ano. O acto rematou coa intepretación do Himno Galego.

O venres, 15 de maio, tivemos tamén a sorte de contar coa visita de Juan Andrés Castro Fernández, escritor e vello amigo do centro, que nos ofreceu unha interesantísima charla sobre a historia da escrita desde os seus comezos ata a actualidade. Ao longo do encontro, Juan Andrés fixo unha viaxe apaixonante polos primeiros sistemas de comunicación da humanidade, explicando como naceron os distintos alfabetos e como evolucionaron os soportes da escritura ao longo dos séculos. Cunha exposición amena, chea de curiosidades e exemplos, conseguiu atraer a atención do alumnado, que participou activamente durante toda a charla.

A súa visita foi, unha vez máis, unha magnífica oportunidade para reflexionar sobre o valor da palabra escrita, da lectura e da transmisión da cultura, valores que non hai que deixar de reinvindicar (e de poñer en práctica) e que conectan moi directamente coa celebración das nosas Letras e co seu espírito divulgador.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies