Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Excursión de 3º e 4º EP a Marín, Pontevedra e Barro

O pasado martes 19 de maio, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria gozou dunha fantástica saída didáctica por diferentes espazos da nosa contorna, combinando natureza, arte e convivencia.

A primeira parada foi no Parque dos Sentidos, en Marín, onde puidemos experimentar e descubrir a natureza a través do xogo, dos aromas, das texturas e dos sons. Foi unha experiencia moi divertida e diferente!

Despois visitamos o Museo de Pontevedra, no que o alumnado coñeceu obras de arte, pezas históricas e curiosidades da nosa cultura. Aproveitamos tamén para pasear pola Illa das Esculturas, un lugar único no que arte e natureza conviven nun entorno espectacular.

Para rematar a xornada, achegámonos ao Río Barosa.

Foi un día cheo de aprendizaxes, descubrimentos e moi bos momentos compartidos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies