Math May – eTwinning Project
Este curso, durante o mes de maio, o alumnado de terceiro de ESO participou nun proxecto internacional eTwinning en colaboración co centro Osnovna škola ”Vasa Čarapić” de Serbia.
O obxectivo deste proxecto era promover as matemáticas aplicadas a contextos reais dun xeito ameno. Para iso deseñamos e construimos cometas e un xardín para o noso centro. Ademais tivemos varias videoconferencias cos compañeiros serbios, co cal tamén poderon poñer en práctica o inglés aprendido.













