Tres, dous, un…acción! Animación con stop motion. NTC! (II)
No primeiro post sobre o proxecto Tres, dous, un…acción! Animación con stop motion, pertencente ao programa educativo de dinamización lingüística e alfabetización audiovisual “Nós tamén creamos!”, do Plan Proxecta+, presentamos o proxecto e as actividades iniciais (pasos 1-7):
LIGAZÓN: /tres-dous-un-accion-animacion-con-stop-motion-ntc-i/
Como resultado de tanta creatividade, por fin, XA TIÑAMOS OS PROTAGONISTAS PARA AS NOSAS CURTAMETRAXES!
Os seguintes pasos foron:
8- Traballouse cos guións gráficos, facendo probas, postas en común e varias revisións.
9- Creáronse os decorados, empregando distintos materiais. No grupo de 1º, 2º e 3º EP elaborou os decorados un grupo de alumnado de 3º, mentres que no de 4º, 5º e 6º EP encargouse da escenografía o alumnado de 6º.
































