Plan Director para a convivencia
O pasado 19 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unha charla educativa sobre convivencia escolar, máis concretamente sobre o acoso e o uso responsable das tecnoloxías. A actividade desenvolveuse dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. A sesión foi conducida por Vanesa Iglesias, cabo da Garda Civil, quen explicou ao alumnado as diferenzas entre os conflitos cotiáns e as situacións de violencia, facendo especial fincapé nas consecuencias que estas poden xerar.


