Actividade “Educar en Xustiza”
O xoves pasado, 15 de xaneiro, o alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO volveu a participar no programa Educar en Xustiza, promovido polo Consello Xeral do Poder Xudicial e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
A actividade realizada consistiu nunha visita ao Xulgado do Penal núm. 2, de Santiago e valeu para coñecer como é un xuízo. Da man da xuíza Margarita Guillén puidemos coñecer detalles xurídicos dalgúns dos casos que se estaban a xulgar o día da nosa visita e intercambiar impresións sobre eles. Ademais, recibimos explicacións sobre conceptos básicos do funcionamento da Xustiza
Foi unha clase distinta, unha auténtica ventá aberta ao coñecemento do mundo da Xustiza, un tempo – as tres horas que alí estivemos- que constituíu, por si mesmo, unha aprendizaxe ben rica e diversa. Encantounos.

