Prevención de condutas de risco
O pasado martes día 11 de febreiro, a través de REGAPS (Rede Galega de Promoción da Saúde) pertencente á Consellería de Sanidade, levouse a cabo a actividade “Nas túas mans”, sobre Prevención de condutas aditivas. Unha experiencia virtual organizada en colaboración co Concello de A Estrada na que, o alumnado de 1º e 2º da ESO, tivemos a oportunidade de coñecer, de forma simulada, algunhas das posibles consecuencias que poden ter as nosas decisións. Sen dúbida foi unha forma diferente…de seguir a reflexionar.

