Recital homenaxe a Rosalía de Castro
O 25 de febreiro tivo lugar no Teatro Principal da Estrada o tradicional recital organizado polo Concello da Estrada para homenaxear a Rosalía de Castro. En representación do noso colexio participaron Zoe, Laura e Martín, de 5º EP, e Natalia e Mateo, de 1º ESO.
Neste acto tamén se presentou o videoclip Rosalía; caravel cosido con raio de sol, cos versos que Federico García Lorca lle dedicou en 1919, e sobre o escenario do teatro o artista multidisciplinar Cayetano Lledó pintou un retrato da escritora.
Videoclip: https://www.youtube.com/watch?v=aRoUENP2kyA






