Saída didáctica “A vila da Estrada”, 5º e 6º EP
O 8 de maio o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria desenvolveu a actividade didáctica “A vila da Estrada”, dirixida por persoal de Tesouros Novos. Xestión Cultural. Esta actividade forma parte do proxecto “Redescubrir A Estrada. Paisaxe, urbanismo e patrimonio”, creado polo profesorado do colexio no marco do ProxectoTERRA (Plan Proxecta+).
Durante esta saída, que comezou no cruceiro que dá nome á rúa do centro de Infantil e Primaria do noso colexio, e continuou diante do concello e no seu salón de plenos, tratáronse algúns aspectos da xestión dos servizos municipais, a historia da vila, o seu patrimonio, a configuración urbana, as tipoloxías arquitectónicas (edificios para os servizos públicos, edificios relixiosos, tipoloxías de vivendas, comercios, prazas e espazos para o esparexemento…) e a escultura urbana.


















