Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Semana do Libro, 2026

Libros suspendidos no aire, coma acios dunha viña, cargados de historias e palabras, chamaban a atención e anunciaban que esta semana a lectura tería un protagonismo especial. E así foi.

Nesta Semana do Libro e o espírito lector espallouse por todo o centro: o profesorado compartiu co alumnado textos escollidos para a ocasión, lecturas ofrecidas como pequenos agasallos a uns oídos ávidos de historias. E, como colofón, o tempo da lectura silenciosa e persoal ao abeiro da nosa carballeira: cada quen co seu libro, sen présas e deixando que a calma e a natureza acompañasen o ir e vir das follas e das palabras.

A lectura, que marabilloso invento! Libros que penduran, libros que se abren e nos ofrecen unha colleita de historias e palabras que seguen a medrar en nós, mesmo cando a semana remata e o libro se garda.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies