Taller sobre prevención de condutas aditivas
O uso do móbil, os videoxogos, as redes sociais, o alcohol, os vapeadores e a continua aparición de novas drogas, non son máis que unha parte dos riscos e perigos que nos rodean. Relacionado con todo isto, o alumnado de 3º e 4º ESO, vimos de participar nun taller sobre prevención de drogodependencias e outras condutas aditivas. Dito taller, en colaboración co Concello de A Estrada, estivo a cargo de D. Manuel Isorna, doutor en Psicoloxía e máster en Drogodependencias pola Universidade de Santiago de Compostela, que na súa liña levou a cabo unha sesión moi amena e esclarecedora. Un curso mais temos que agradecer a súa “clase maxistral”.
