Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

A nosa mellor Patrona

O xoves día 10 pola tarde, os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria fixemos unhas actividades no colexio. Tivemos un obradoiro de  manualidades, outro de cine, xogos de mesa e por último o de karaoke, música e baile. Oxalá os tiñésemos todos os días! Os de 5º e 6º pintáronnos a cara no seu obradoiro de maquillaxe. Foi un día xenial!

O día seguinte foi a Festa da Patrona número 38. Comezamos coa entrega de premios de redacción, debuxo e demáis concursos. As actuacións foron moi graciosas. Obras de teatro e bailes dende infantil ata 3º de primaria pola mañá, e pola tarde os demáis cursos ata 4º da ESO.

Nos descansos bebiamos e comíamos a inchar. Compramos a comida para que os da ESO poidan viaxar.

Foi unha festa estupenda! Ata o ano que ven! Chao!

Alumnos 4º EP

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Primaria
http://b-p.colexionslourdes.es/busqueda/

[ order=”DESC”]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies