Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Charla de ex-parlamentarios do Parlamento de Galicia

O pasado martes, 5 de decembro, véspera do Día da Constitución e do Estatuto de Galicia, recibimos a visita de tres ex-diputados do Parlamento de Galicia no marco do ciclo de charlas “Charlas-coloquio sobre o Parlamento de Galicia” organizadas pola Asociación de Ex-Parlamentarios. Logo de ver un vídeo sobre o Parlamento,  un documental ilustrativo sobre a institución pero tamén sobre o edificio que a acolle, tivo lugar un coloquio co obxectivo de que o alumnado da ESO coñecese de cerca o traballo que se desenvolve na cámara.

Acudiron nesta ocasión Xesús Palmou, Tereixa Novo Arrojo e Pablo García, quen explicaron os detalles da actividade parlamentaria. Foi unha lección útil e esclarecedora a cargo duns profes excepcionais, sen pantallas e sen máis actividades que a palabra e a escoita.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies