Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

FESTA DA POESÍA 2023

Como xa vén sendo tradición chegando o inverno, e contra todo prognóstico, agroma a Festa da Poesía.  Neste evento, que tivo lugar o pasado xoves,  14 de decembro, no Teatro Principal da Estrada, fíxoselle entrega do XXVII Premio de Poesía Avelina Valladares ao autor noiés Manuel López.  Esta  é unha celebración que organiza o Concello da Estrada a través do seu Departamento de Cultura e na que ademais de facerlle o xusto recoñecemento ao gañador do certame se exalta a poesía da mellor forma posible, escoitándoa e léndoa. Nesta edición, Sofía Penas Rey e Iara Blanco Varela, alumnas de 3º da ESO, recitaron de forma espléndida dous poemas, “A rosa”, de Miro Villar e “Quixera ser pirata”, de Marta Dacosta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies