Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Charla para unha vida saudable e sen condutas aditivas

A semana pasada rematamos unha serie de charlas sobre condutas aditivas que nos impartiu Isabel Sanmartín, técnica do Servizo de Prevención de Drogodependencia do Concello da Estrada e encargada, desde hai anos, de desenvolver accións preventivas nos centros educativos da Estrada. Ao longo de tres sesións Isabel aportounos datos e moita información sobre o que conleva o consumo de substancias como o cannabis ou o alcol, falounos dos mecanismos que se activan no cerebro cando se dá ese consumo e coas súas preguntas suscitou moitas reflexións sobre feitos que vemos e coñecemos, algúns deles, como cotiáns e inocuos. Comprobamos que nada teñen de inocuos e que evitar o prexuízo que nos puideran causar depende, sobre todo, de nós.

Grazas, Isabel pola túa visita e por esas sesións tan amenas. Agora toca non esquecelas e ter o aprendido moi presente.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies