Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

VIII Festa das Palabras


Un ano máis, e neste curso foron dúas veces, abriuse o telón do Teatro Principal para acoller a Festa das Palabras, a número oito. Foi acto simbólico e moi sinxelo, semellante ao realizado para a sétima edición, breve en duración pero longo en desexos, que ese é o primeiro paso para que as cousas sexan certas: que a situación de pandemia mude, que vivan máis palabras na nosa lingua, que ler e escribir non deixen nunca de alimentar a nosa imaxinación… ¡Sexa!
Para o alumnado premiado nesta  edición,  representado no acto por Lola Pose Neira, de 1º ESO,  PARABÉNS, e non esquecemos tampouco os rapaces e rapazas de Educación Infantil, para eles tamén a nosa GRATITUDE porque os seus debuxos fan que medren aínda máis os textos que acompañan.
Agora toca abrir as follas dos libros deste ano…e que un lindo paseo entre cabalos máxicos ou, simplemente, reais, revele fermosas historias que alguén escribiu para nós…
A gozar coa lectura!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies