Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Clases sen fume

Seguindo coa nosa participación no Programa-Concurso “Clases sen Fume” (pertencente ao Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración, neste caso, coa Consellería de Sanidade) e trala entrega da primeira actividade (da que xa dimos conta nun artigo anterior), o alumnado de 1º ESO tivemos o mércores pasado a esperada visita da Doutora Victoria Aldea, que nos advertiu dos riscos para a saúde de fumar e da exposición pasiva ao fume de tabaco así como dos riscos asociados aos vapeadores . Tras contestar ás nosas dúbidas, e xa como remate da charla, uns voluntarios tivemos a oportunidade de probar o nosos pulmóns cunha simple cooximetría, con moi bos resultados por certo. Agradecemos a súa visita que sempre é unha vitoria para a nosa saúde.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies