Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

PARLAMENTO XOVE, 2024

O pasado sábado, 9 de marzo, o equipo de formado por Iria e Lucas, de 3º ESO, e Celia e Blanca, de 4º, co profesor Víctor como coordinador, participou na competición de debate académico “Parlamento Xove”.

A edición deste ano, a décimo quinta, tivo lugar na Residencia de Tempo Libre do Carballiño e xunto con outros 22 equipos tiveron que debater sobre o tema “Os estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?”. Dos tres debates disputados (contra o IES Puga Ramón, da Coruña; o IES Muralla Romana, de Lugo e o IES David Buján, de Cambre) gañaron o terceiro. Mais esta xornada, alén da parte competitiva, supón unha vivencia única pois é facer un alto na rutina do curso e compartir dous días con mozos e mozas de toda Galicia, nun ambiente de compañeirismo, superación e moitísima emoción.

 Foi unha fermosa experiencia, e unha grande aprendizaxe. Noraboa a todos eles!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies