Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día das Letras Galegas 2021

A semana pasada estivemos traballando e facendo diversas actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. Investigamos e aprendemos moitas cousas sobre a vida e obra da escritora homenaxeada deste ano, XELA ARIAS, vendo uns vídeos chulísimos e facendo actividades en liña a través das TIC.

Tamén houbo tempo para a lectura, coma por exemplo “Os homes de manteiga”, unha das historias de Contos ao teléfono, de Gianni Rodari, que Xela traduciu ao galego. Ou o seu conto “A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia”, que escribiu cando tiña tan só 11 anos! Demos renda solta á nosa vea artística deseñando uns marcapáxinas ou reinterpretando algún dos seus retratos ao noso xeito. Quedáronos moi orixinais!

Como fin de festa o alumnado de 6º de Primaria tiñanos preparada unha sorpresa. Tocaron e cantaron en directo! Puxéronse en contacto coa Banda da Loba e interpretaron unha das súas cancións,  na que a letra é un poema de Xela Arias: Intempériome. As guitarras, o violín, a percusión e o coro estiveron espectaculares! Para rematar, profes e alumnado cantamos xuntos o Himno Galego.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies