Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS 3º e 4º EP

“DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS”

O pasado mércores, día 12 de maio, celebramos o “Día Escolar da Matemáticas” que este ano tiña por lema “Matemáticas para un mundo mejor”. En 3º e 4º EP dedicámoslle a xornada a mirar con outra ollada as matemáticas.

Comentamos cal é a orixe desta celebración, miramos o vídeo “¿Quién inventó los números?, realizamos trucos matemáticos “máxicos”, construímos un bingo para traballar coa táboa de multiplicar, xogamos a “Hundir la flota”, fixemos actividades con dados, torres de táboas de multiplicar e rematamos xuntando as Matemáticas coas Letras Galegas grazas á actividade “Inventamos números con Xela Arias”. Foi unha xornada interesante, que nos confirmou que as matemáticas tamén son divertidas.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies