Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro, coincidindo coa data do seu aniversario, recordamos a Rosalía de Castro con recitais, lecturas de biografías, actividades interactivas, manualidades, cancións… Como podemos comprobar curso tras curso, esta xenial escritora deixou unha profunda pegada na cultura galega e universal.

Así mo pediron

na beira do mar,

ó pé das ondiñas

que veñen e van.

Así mo pediron

na beira do río

que corre entre as herbas

do campo florido.

[…]

Que así mo pediron,

que así mo mandaron,

que cante e que cante

na lingua que eu falo.

Que así mo mandaron,

que así mo dixeron…

Xa canto, meniñas.

Coidá que comezo.

Rosalía de Castro. Fragmentos de Cantares gallegos, II e IV. Texto revisado.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies