Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Festa da Natureza

Este 16 de maio foi, sen dúbida, un día moi movido. Comezamos a xornada, como non podía ser doutra forma, coa celebración do Día das Letras Galegas. Despois de tantos e tan fermosos actos continuamos cun xogo de orientación que nos fixo percorrer os arredores das instalacións en busca de balizas e códigos que as veces non eran doados de atopar. Como se trataba de facelo no menor tempo posible tocou organizarse nos grupos para poder rematar o percorrido rapidamente. Gañaron os equipos que mellor se coordinaron.

Despois de xantar todos xuntos o que as nosas nais prepararan, dúas actividades: uns explicaron aos compañeiros de primaria as distintas especies arbóreas que temos nas instalacións,  mentres outros participamos no torneo de penaltis.

Xa logo do acto común do Día das Letras no que houbo un pouco de todo: poemas, bailes, cancións… o torneo deportivo. Fútbol e baloncesto, como deportes reis, fixeron que pasaramos unha tarde moi entretida. Tampouco faltaron á cita os ex-alumnos que durante todo o día nos visitaron. Incluso algúns deles botaron un partidiño cos profes.

Pasámolo moi ben e xa esperamos pola do ano que vén.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies