Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

VEXO VEO XACOBEO (III): PRODUTOS FINAIS (Plan Proxecta+)

Plan Proxecta +, Programa Vexo veo Xacobeo

Proxecto: Xa se ve Compostela! A Estrada e os Camiños de Santiago

No mes de maio o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago enriqueceuse con tres sorpresas:

1  Compuxemos unha canción, “Dende A Estrada a Compostela”, en galego e inglés, e cantámola a ritmo de rock.

2  Recibimos a visita de Anxo Moure, que nos acompañou no percorrido dun tramo do Camiño de Santiago. O post desta xornada pódese consultar neste enderezo:  /percorrido-dun-tramo-do-camino-de-santiago-plan-proxecta/

3  Na excursión de 1º e 2º de Primaria a Sabucedo e Codeseda, ademais de coñecer patrimonio artístico e cultural do Concello da Estrada, percorremos un tramo do Camiño da Geira ou dos Arrieiros. Tivemos que seguir as frechas amarelas!

O MURAL (1º e 2º EP)

No mural recréase a ruta dos principais Camiños de Santiago que pasan pola Estrada, sendo o máis coñecido o Camiño Mozárabe ou Vía da Prata, que comparte trazado co Camiño de Inverno ao seu paso polo nordés do noso concello, cruzando as parroquias de Orazo, Loimil, Oca, Castro e Arnois. Tamén se marcou o trazado aproximado do Camiño Miñoto Ribeiro e do Camiño da Geira ou dos Arrieiros.

Ademais, destacan no mural os valores do Camiño (esforzo, compañeirismo, solidariedade, amizade…) e completan a colaxe uns peregrinos e peregrinas moi particulares: Valentiño, Marosa, Mariña, Xina, Hiro, Max, Ben e Hugo, personaxes dos contos sobre o Camiño que traballamos, e a querida tartaruga Tina Calixtina.

OS CADERNOS DE BITÁCORA (E. INFANTIL e 1º e 2º EP)

Ao longo do proxecto, cada nena e neno foi elaborando diferentes traballos escritos e ilustrados que agrupamos a fin de curso formando libriños ou sobres, a modo de cadernos de bitácora. Amosamos algúns exemplos de cada curso:

4º E. Infantil

5º E. Infantil

6º E. Infantil

1º e 2º E. Primaria

DECORACIÓN DA ENTRADA DO COLEXIO (E. INFANTIL e 1º e 2º EP)

Tamén decoramos a zona exterior do Colexio cubrindo esta estrutura coas nosas imaxes de peregrinos e peregrinas coas vestimentas tradicionais, os símbolos da frecha e a cuncha e un debuxo da Catedral de Santiago coloreado polo alumnado de 2º EP.

Así rematamos o noso camiño. E con moito agarimo desexámoslle a todas as peregrinas e peregrinos:

BO CAMIÑO!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies