Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Xogando coas Ciencias

O pasado luns día 17 os alumnos de 1º e 2º da ESO fomos a Coruña de excursión. O primeiro que fixemos  foi ir á Casa das Ciencias. Entretivémonos cos  experimentos e xogos cos que aprendimos que a ciencia é algo divertido.  Quitamos  fotos con estatuas, soplamos pompas de xabón, incluso collemos o mundo coas nosas mans.  Despois internámonos nun mundo descoñecido para algúns: a astroloxía. Subimos ao planetario, que está na última planta do edificio. Ensináronnos as constelacións máis importantes, como “A osa maior” , “Orión” …

Despois de ir á Casa das Ciencias, achegámonos ó Domus, desde onde observamos a Praia de Riazor. Seguimos explorando na ciencia, pero esta vez remontámonos a tempos moi antigos. Estivemos cos nosos antepasados, vimos os primeiros aparellos eléctricos… Pero non todo facía referencia ó pasado, tamén  disfrutamos  das novas tecnoloxías  cunha sesión de “Magnavisión”, en 3D.

Fixemos un descanso para encher  o bandullo. Gozamos da comida con vistas espectaculares ó mar.

A continuación sumerxímonos no mundo dos peixes, baixamos ata o fondo do mar cos animais máis perigosos   do océano, estivemos no interior da sala dun submarino… Concienciámonos de que a auga é un recurso natural moi escaso  e asistimos ó xantar das focas. Tivemos a oportunidade de sacar moitísimas fotos mentres disfrutábamos desta marabillosa experiencia.

Para relaxarnos un pouco desta sesión de aprendizaxe, demos unha volta polo centro comercial “Espazo Coruña”  no que puidemos merendar.

Esta excursión foi para diversos gustos, a algúns gustáronlle máis as estrelas, a outros  a diversidade dos océanos, pero o que non faltou nesta excursión foi a diversión.  Non hai nada como pasar un día aprendendo e disfrutando cos nosos compañeiros.

Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/

[]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies