Festival de Nadal
O 16 e 17 de decembro celebramos con moita ilusión o noso Festival de Nadal, despois de intensos días de ensaios e emoción.
Este curso estreamos o musical “O xigante egoísta”, escrito no colexio a partir do conto homónimo de Oscar Wilde. Nel participou o alumnado de E. Infantil, Primaria e ESO.
Tamén actuou a rondalla e houbo moitos premios no sorteo organizado polo alumnado de 4º ESO.



































