Diversión no último día
O venres 21, desprazámonos en autobús ata as instalacións deportivas do noso cole. Foi unha xornada moi diversa de contidos e emocións: xogos dirixidos, paseos de observación da natureza, conto representado polas profes, “Caperucita camina sola” que neste caso estaba relacionado co tema do plan proxecta levado a cabo neste curso. Houbo tempo para a merenda, exhibición de pombas de xabón xigantes e para rematar unha carreira pola carballeira. Resultou ser unha maña moi variada para despedirnos ata o próximo curso.




































