Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día escolar das matemáticas

As matemáticas son un coñecemento de carácter universal, con elas podemos expresar razoamentos, propiedades, relacións… pero tamén é unha forma de linguaxe formal que permite expor problemas en diferentes contextos.

Na actualidade, as matemáticas empréganse en todo o mundo en diferentes campos, entre os que se atopan as ciencias naturais, ciencias sociais, enxeñería, humanidades, medicina e incluso a música.

Na evolución das matemáticas interviñeron diferentes civilizacións ao longo do tempo. Co gallo do día escolar das matemáticas, o alumnado da ESO amósannos algunhas curiosidades matemáticas destas civilizacións, elaboraron un cartel e visualizaron unha película na que se amosa a importancia das matemáticas na nosa sociedade. mate.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies